Amosando publicacións coa etiqueta Poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Poesía. Amosar todas as publicacións

13 de abril de 2020

MURMURADOR DE POESÍA

Ola amiguiñ@s!

Coñecedes a Frederick?

Frederick é o protagonista deste fermoso conto, da editorial Kalandraka, escrito e ilustrado por Leo Lioni.

Como vedes, Frederick é un poeta!

Queredes ser coma el?

Para conseguilo, só tendes que seguir as instrucións que nos da a compañeira Patricia Pena Barbeito nesta ligazón: Aulas Galegas

Déixovos unha adaptación da actividade:

MURMURADOR DE POESÍA

Materiais:
- tubo de cartón
- pinturas
- un poema



Elaboración:

1. Pinta o tubo de cartón do papel hixiénico con pinturas de diferentes cores.
2. Elixe un poema que che guste e apréndeo de memoria.


3. Recítalle o poema na orella a alguén da túa familia.

 





Eu xa fixen o meu Murmurador de poesía, e ti?

Apertas agarimosas e moito ánimo!  🌈

29 de marzo de 2020

MOITA POESÍA!

Ola amiguiñ@s!

Que vos parece escoitar o programa que gravamos na radio do cole co gallo do Día escolar da non violencia e a paz?

Dádelle ao play e desfrutade destes marabillosos poemas que os nenos e nenas de 2º de Primaria recitaron con tanto cariño.

Agora propóñovos aprender este fermoso poema de Antonio García Teijeiro e recitalo na casa.

Un rato díxolle á lúa:
-Nunca reparas en min;
por iso vivo na rúa
metido nun calcetín.

Ela fitouno abraiada.
Déronlle ganas de rir.
Daquela apagou a lámpada
e dispúxose a durmir.

Polo desprezo da lúa,
o ratiño, alporizado,
berroulle con moita forza:
-Xa non estou namorado!

Que teñades un bo día.

Moito ánimo!🌈