Amosando publicacións coa etiqueta Discriminación auditiva. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Discriminación auditiva. Amosar todas as publicacións

18 de maio de 2020

MEDIOS DE TRANSPORTE

Bo día!

Comezamos a semana con novas actividades para facer dende a casa!

Repasamos o vocabulario dos medios de transporte ao tempo que exercitamos a percepción e a discriminación auditiva.

Seredes quen de adiviñar de onde proveñen os sons?


Se vos gustou o vídeo, probade a facer as seguintes fichas interactivas. De seguro que o faredes xenial! Ánimo!

Ficha 1. Discriminación auditiva

Ficha 2. Comprensión oral 

Ficha 3. Lectura global

Deicamañán! 🐸

2 de abril de 2020

SOPRAR, ESCOITAR E CANTAR

Ola amiguiñ@s!

Comezamos o día xogando, que é o que mellor sabemos facer, non si?

Aquí van as actividades para facer hoxe na casa, todas elas destinadas a favorecer o desenvolvemento da linguaxe.

1. Facemos un campionato de sopro?

Moito ollo! Hai que mover as bólas soprando, así que nada de utilizar as mans, pillabáns!


2. Seredes quen de identificar a procedencia de todos estes sons?

3. A quen lle gusta cantar?
Repasamos esta canción de Tamara Chubarovsky que aprendimos na última semana de clase.


Espero que vos gustaran as actividades de hoxe.

Unha aperta da vosa amiga a Ra! 🌈🌈🌈