20 de maio de 2020

OS TRES PORQUIÑOS

Bo día! 

Hoxe, a nosa Ra, tráenos un dos nosos contos favoritos: o conto Os tres porquiños, unha historia escrita e narrada por Raquel Méndez,de OQO editora.

Dádelle ao play e a gozar con este clásico da literatura!


Despois de ver o videoconto, podedes comentalo en familia e traballar a comprensión da historia:

- Quen son as personaxes principais? 
- Que parte foi a que máis vos gustou? E a que menos?
- Inventamos un final diferente
- Cambiamos o título do conto 

E agora, quen quere ser como o lobo da nosa historia? Só precisades un tubo de cartón do papel hixiénico e unhas cantas cores.


Debuxamos unha casiña no tubo de cartón e... a soprar!
 

Seredes quen de derrubala como fixo o lobo?

Para rematar, anímovos a facer as seguintes fichas interactivas sobre o conto.

Ficha 1: Puzzle

Ficha 2. Une con flechas

Bo traballo, rapazas e rapaces!

Un biquiño moi forte e a desfrutar do que queda da semana! 🐸