8 de maio de 2020

EXPRESARTE

Bo día!
A proposta de hoxe ten coma obxectivo estimular a expresión oral dos pequenos da casa, invitándoos a pensar e a imaxinar a través dos cinco sentidos.

Para realizar a actividade eu elexín unha obra de Jorge Peteiro, mais podedes ultilizar calquera outra que vos guste especialmente e adaptar as preguntas que vos propoño máis abaixo. En todo caso, o obxectivo seguirá sendo o mesmo: expresar oralmente o que perciben, sinten ou pensan.
E sen máis enredos, comezamos!

Observade a seguinte imaxe durante uns minutos e tentade responder ás preguntas que aparecen a continuación.

Corcubión. Jorge Peteiro.
(Preme na imaxe para ampliala)
Imaxe: www.todocolección.net
Que ves na imaxe?
Nomea todos os elementos que podes ver: hai persoas? animais? obxectos?...

Agora imaxina que podes entrar no cuadro...
Que sons escoitas?
Que olores percibes?
Vai frío ou calor?

Quen vivirá na vila?
Onde estarán os seus habitantes? Que estarán a facer?
Estarán alegres, tristes, cansos, enfadados...?
Gustaríache vivir nesta vila?

Ves algún animal na imaxe?
Onde está? Por que estará aí?

Como titularías este cadro?

Para rematar, anímovos a facer a vosa versión do cadro. De seguro que vos quedan unhas obras de artes ben xeitosas!

Podedes enviarme fotos das vosas creacións ao meu correo electrónico: soniafbalboa@gmail.com

Moito ánimo, artistas! 🐸