Ola amiguiñ@s!
Comezamos o día xogando, que é o que mellor sabemos facer, non si?
Aquí van as actividades para facer hoxe na casa, todas elas destinadas a favorecer o desenvolvemento da linguaxe.
1. Facemos un campionato de sopro?
Moito ollo! Hai que mover as bólas soprando, así que nada de utilizar as mans, pillabáns!
2. Seredes quen de identificar a procedencia de todos estes sons?
3. A quen lle gusta cantar?
Repasamos esta canción de Tamara Chubarovsky que aprendimos na última semana de clase.
Espero que vos gustaran as actividades de hoxe.
Unha aperta da vosa amiga a Ra! 🌈🌈🌈
Ningún comentario:
Publicar un comentario