17 de abril de 2020

A LIBÉLULA LOLA

Ola amiguiñ@s!

Lembrades á libélula Lola?


Hoxe é ela quen trae unhas actividades moi divertidas para practicar o fonema L na casa e repasar todas esas cousiñas que aprendimos na clase da Ra.

Comezamos!

1. Cantamos unha canción para favorecer a articulación do fonema/l/.

2. Buscamos palabras que comecen por L para desenvolver a conciencia fonolóxica:
3. Ordenamos as letras para formar a palabra Libélula.

(Eu fixen as letras con tapóns, máis podedes facelas con anacos de papel ou con algún material que teñades a man)



Aos máis pequenos podemos botarlles unha man cunha plantilla.


E agora, seredes quen de escribir a seguinte palabra? Tamén leva unha L!


 Espero as vosas respostas!🐸

Ningún comentario:

Publicar un comentario