Bo día, amiguiñ@s!
Hoxe a nosa Ra trae varias propostas de traballo coas que pasar un ratiño divertido.
Actividade nº1: Seredes quen de descifrar a seguinte mensaxe misteriosa???
Unha vez resolto o misterio, anímovos a crear as vosas propias mensaxes segredas. Comprobaredes que é moi fácil e divertido.
Actividade nº2: Como todos e todas sabedes, xa chegou a primavera! Que vos parece se repasamos un bo feixe de palabras relacionadas con esta estación?
Actividade nº3: O sábado 21 de abril celebramos o Día da Poesía. Lede con atención este fermoso poema de Gloria Fuertes e intentade facer un debuxo da bonita paisaxe que describe. Non esquezades ningún dos elementos que nomea!
Isto é todo por hoxe!
Deicamañá!
Ningún comentario:
Publicar un comentario