20 de marzo de 2020

YOGUIC

Bo día, familia!

Estes días todos e todas, especialmente os máis pequenos da casa, precisamos un pouco de movemento, non si?

Por este motivo, a proposta de hoxe é facer un pouco de ioga en familia mentras escoitamos un contiño, pois xa sabedes o que din "Mens sana in corpore sano".

Así que non perdades un minuto máis! Todos á alfombra para seguir as indicacións que nos dan as compañeiras de Yogic e pasar uns minutos tan divertidos coma terapéuticos, imaxinando, cantando e movendo o esquelete.
Pinchando nesta ligazón podedes acceder á paxina web de Joaqui e Juli, as creadoras de YOGIC, onde atoparedes unha morea de recursos para facer yoga na casa.

Moito ánimo!!! 🌈

Ningún comentario:

Publicar un comentario