19 de marzo de 2020

TIRA OS DADOS!

Bo día!

Hoxe a nosa Ra tráenos un xogo de mesa* moi divertido que podedes realizar na casa e xogar todos xuntos, en familia.

A plantilla do xogo podedes imprimirla nesta ligazón, máis eu vos propoño que o fagades vós mesmos na casa.

Materiais necesarios:

- Un folio en branco

- Un lapis

- Un par de dados

Pasos para a elaboración:

1. Debuxa no folio unha táboa de 7x7.

2. Escribe os números do 1 ao 6 nas casillas da fila superior e da columna esquerda, deixando a primeira casilla libre en ambos casos, tal como aparece na imaxe.

 3. Pensa diferentes preguntas que poderías facer e enche o resto das casillas. Non deixes ningunha baleira!
(Non esquezas pór os signos de interrogación (ao principio e ao final se escribes en castelán; tan só ao final, no caso do galego) e de pór o til nos interrogativos (qué, quién, cómo, dónde, cuándo...), pero únicamente se escribes en castelán).

Unha vez feito o taboleiro, é hora de xogar!

1. Tira os dados e busca ambos números no taboleiro (un na fila superior; outro na columna esquerda).

2. Localiza a casilla onde se unen ambos números e le a pregunta que aparece escrita.

3. Outro xogador deberá responder a túa pregunta.

Cantas cousiñas imos descubrir das persoas coas que compartimos o día a día!

Espero que o disfrutedes moito ☺

Que teñades un bo día!

Moito ánimo! 🌈
 
* A autora deste divertido xogo é "Mi escondite en el cole", unha mestra de Audición e Linguaxe que habitualmente elabora materiais para as nosas aulas. Non deixedes de visitar a súa páxina web, onde poderedes atopar unha morea de materiais chulísimos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario