16 de marzo de 2020

COMEZAMOS!

Bo día!

A nosa amiga Ra está outra vez de volta nestes mundos dixitais para que poidamos continuar xogando e aprendendo ao longo destes días dende a casa.

Así que estade atentos ao blogue, porque non faltarán actividades para encher as horas de xeito divertido.

Que tal se para comenzar facemos un pouco de ximnasia coa lingua?

Xa sabedes que para falar moito e moi ben é moi importante facer exercicio cos órganos bucofonatorios (labios, lingua, mandíbulas e padal), así que prestade moita atención e intentade imitar todos os exercicios propostos neste vídeo de Orientación Andújar.


Deica mañá!



Ningún comentario:

Publicar un comentario