18 de marzo de 2020

A CAIXA MISTERIOSA

Bo día, amiguiñ@s!

A proposta de hoxe é unha das actividades preferidas por grandes e pequenos, que realizamos habitualmente nos Obradoiros de Estimulación da Linguaxe que se imparten semanalmente no cole.

Para realizala so precisades unha caixa baleira ou unha bolsa onde meter diferentes obxectos: unha culler, unha canica, un lapis, un anel, un bonequiño... calquera cousa pode valer.

Unha vez que os obxectos estén dentro da caixa, deixaremos que o neno ou nena meta a man para tocar o que hai dentro e que pouco a pouco o describa (forma, tamaño, peso, partes...). O resto de xogadores teredes que adiviñar de que obxecto se trata.

Para axudar aos pequenos, podemos facerlles preguntas sobre o mesmo (que forma ten? é alongado? redondo?...) e mesmo axudalos a establecer comparacións (é tan grande coma unha mazá, alongado coma un lapis, lixeiro coma unha pluma...).

Anímovos a facela na casa, e en pouco tempo poderedes comprobar como a descrición de obxectos vai mellorando co paso dos días.

Nesta ligazón podedes ver as fotos da actividade o curso pasado.

Ánimo co día!

Ningún comentario:

Publicar un comentario