Ligazóns de interese

28 de marzo de 2020

CON R DE ROUPA

Ola amiguiñ@s!

Preparad@s para xogar coas actividades da nosa querida Ra?

Comezamos repasando o vocabulario traballado na última semana de cole.


Continuamos co xogo "E ti, que levas na maleta?"

Trátase de ir nomeando diferentes prendas de vestir coas que podemos encher unha maleta. Comeza o primeiro participante dicindo "Eu na maleta levo...(unha camisa, por exemplo)". O resto de participantes, por quendas, terán que continuar engadindo outras prendas de vestir diferentes.  Moito ollo, que non vale repetir!

Por último, imos exercitar a lingua e practicar o fonema R.
Como? Cantando co noso amigo Ramón!

E para @s máis atrevid@s...

Vexo-vexo unha cousiña que comeza por R!

Buscade en cada fila unha cousa que comece co son R:

E isto é todo por hoxe!

Moito ánimo!🌈

Ningún comentario:

Publicar un comentario